Historia

Espinosa, en Apuntes Gráficos de Heráldica Gallega, recolle para este apelido galego o seguinte blasón: escudo partido:

escudos

1.°, en campo de gules, un cabalo de prata; 2.°, en campo de azur, unha banda de prata, engolada en cabezas de dragons do mesmo metal. O padre Crespo, en Blasones y Linajes de Galicia, reseña tamén: escudo partido: 1.» en campo de sinople, un castelo de prata;

2.°, en campo de sinople, unha banda de ouro, engolada en cabezas de dragons de sinople. Outros traen un castelo. Bordura cona lenda AVE MARÍA. Se ignoran os esmaltes. (E. S. V.)

Ermida de Chanteiro.

Pertenece a parroquia de San Pedro de Cervás, municipio de Ares (A Coruña). Edificada na segunda mitade do s. xrv, de estilo gótico, consta de unha nave e dun ábside rectangular. A primeira está dividida en tres tramos por arcos apuntados que se contrarrestan o exterior por contrafuertes escalonados; o teito da mesma e de cemento pintado de branco. Ditos arcos, o interior, descansan en semicolumnas de bases sinxelas —toros, gotas, escocias— e de capiteies, en xeral, de gusto románico. Os pés do templo, tribuna moderna de cemento, sobre a cal, e na parede da epístola, ábrese a única luz da nave. O ábside cubrese con bóveda que sostén catro sinxelos nervios recorridos por filete,a sua clave decorado en forma de anchañor e nos seus lados cabezas humanas. Tanto os capiteles das columnas acodilladas que soportan ditas nerviacions como os das semicolumnas onde descarga o apuntado arco triunfal, teñen igualmente decoración de estilo románico. Unha saetera e unha ventá de moderna factura iluminan esta capela maior, en cuxo testeiro había unha crus flordelisada, que oxe está rota.

ermita

A fachada do templo compoñese de unha porta apuntada en cuxo tímpano vense catro figuras, a Virxe sedente co Neno flanqueados por dous, o parecer, santos, todas elas gastadas sin duda po- la influencia do cercano mar. Nos anos vinte de este século unhos soldados destruiron as cabezas de tres dos catro persoaxes, que foron reemplazadas por outras de cemento. A fachada completa-na dous contrafortes, unha ventá circular rodeada por un baquetón e sin tracería algunha, e unha imposta baixo a que se ven tres ganchos pétreos. Remata o frontispicio unha espadaña barroca de fins do s. xvn. Sinxelos canciños no tellado. Do lado do evanxelio hay unha porta secundaria adintelada sobre mochetas e, adosada, a sacristía.

O cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, que teña, entre outros, os señoríos de Ferrol e de Pontedeume, mandóu edificar esta ermida, que está baixo a advocación de A Nosa Señora da Mercede. Ya estaba feita cando o 3 de agosto de 1393 o arzobispo compostelano Juan García Manrique, desde Burgos, concede a dito señor licencia para edificar o cercano convento franciscano de Santa Catalina de Montefaro, o que cede a ermida, traspaso que aproba dito prelado en 1396; cinco frailes de ese cenobio atenderán o culto do santuario. Como Cervás, entre outras parroquias, era do señorío temporal da mitra xacobea, foi máis fácil a dito prelado eximir a Monte-faro e a Chanteiro da xurisdicción parroquial. Na noite do 28 o 29 de xuño de 1933 foi queimada a ermida, que se abre de novo o culto, restaurada, o 11 de agosto de 1943, sendo párroco de Cervás Antonio Rodríguez Fráiz. Na queima desapareceron o retablo maior e os dous laterais barrocos.

Cerca do santuario está A fonte da Virxen, onde a tradición supon que se apareceu a antiga imaxe da Señora, traída alí po- las ondas do mar. Tamén cerca está a praia de Chanteiro, limitada po- las puntas Segaño e Coitelada. Hoxe, na ermida, só existe culto regular po-lo verán.

A festa da Mercé, po-la sua parte, é aquí variable xá que depende do calendario de festexos da zona.

Bibl.:

  • Ángel del Castillo, Inventario de la riqueza monumental de Galicia, Compostela, 1972
  • M.F.F., Notas referentes al santuario de Chanteiro, en «Piedad, estudio y acción», Cervás, 1952
  • Paulino Pedret Casado, Consideraciones históricas sobre Montefaro y Chanteiro, en id., id. (B. da B.)

Voto de Chanteiro

voto

A mediados de 1404 declarouse unha peste na comarca ferrolana, remediada por intercesión de A Nosa Señora da Mercede que se venera na ermida de Chanteiro (Cervás, Ares, A Coruña). Desde ese ano peregrinaba o santuario a vila, despois cidade, de Ferrol, ofrecendo o principio unha sinxela frol do tempo, obsequio que máis tarde foi unha especie de canastillo con froles artificiais, escudos, xeroglíficos, o emblema da cidade departamental, etc., conxunto o que se chamóu A frol de Chanteiro. También se ofrecía cera, calculada a sua cantidade o primeiro día da peregrinación midindo o perímetro da ermida traducido en velas, unhas seis libras, peso que variaría co tempo.

Co desenrolo de Ferrol varióu o carácter da peregrinación, mezclándose co rezo das letanías dos santos o afán de xolgorio e de regocixo. Iba a Chanteiro o procurador da cidade departamental, o clero con cruz e pendones, os franciscanos con cruz alzada —recordo de que cando a peste, morto o clero secular, tiveron que facer de tal— e, alomenos no antigo, unha persoa de cada familia ferrolana. A complicación que os novos usos impoñían a romaría gravaba o peculio do procurador, o cal non lle chegaba a asignación que a ese efecto destinaba a cidade e por outra banda estaba mal visto volver a primitiva sencillez. Arribaba a comitiva o porto de Mugardos, onde era recibida oficialmente, e despois, en Chanteiro, po- las autoridades de Ares.

Tamén, o mesmo día —segundo de Pentecostés—, peregrinaba Ares, o que orixinou certos roces cos ferrolanos sobre procedencia das cruces parroquiales, alegando éstos que lles correspondía primeiro facer a función do voto por ser eles os que antes a estableceron. Co tempo se pensóu en conmuta- la ofrenda ferrolana a causa do perigo que ofrecía o viaxe por mar e te-la peregrinación bastante de regocixo, como queda dito.

En 1824 se fixo o primeiro intentó de trueque po- la capela ferrolana do Socorro; en 1839, xá a ermida de Chanteiro abandonada po- los franciscanos de Montefaro que atendían o seu culto e de donde dependía, se obtuvo a definitiva conmutación, concedida o 31 de decembro. Oxe, corporación municipal e párroco a fronte, sigue peregrinando Mugardos e Chanteiro o martes de Pentecostés, e o luns anterior faino a propia parroquia de Cervás. Hasta 1970 iba también Ares. Po- la supresión do voto ferrolano a Virxen de Chanteiro protestaron as xustizas de Mugardos e de Ares e o párroco de Cervás, de cuxas dilixencias hai constancia nos arquivos compostelanos e mindonienses.

Bibl.: José Montero y Arostegui, Historia y descripción de El Ferrol, Ferrol, 1972. (B. da B.)