| Abierto el plazo de exposición pública del proyecto de actuaciones de saneamiento de la margen sur de la ría |
|
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado sábado o edicto da Alcaldía de Ares no que se informa da apertura do prazo de información pública do proxecto relativo ás actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e zona sur da de Ferrol, polas que se dotará aos municipios de Fene, Mugardos e Ares do debido tratamento das augas residuais e que incluirá a construcción dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) en Punta Avarenta (parroquia de San Pedro de Cervás) e dunha rede de colectores necesaria para levar as augas cara ela.
Cumprindo o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, sométese o proxecto a información pública durante un período de dez días hábiles, que comezan a contar dende hoxe mesmo, nos que se poderá consultar o expedente na Secretaría do Concello de Ares –concretamente nas dependencias de Urbanismo-. Neste prazo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se levarán a cabo poderán presentar por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.
Publicado en la web del CONCELLO: 17 Marzo 2008 14:00 |








