El Concello solicita una subvención para dotar de banda ancha a todo el municipio

O Concello de Ares vén de presentar perante o Ministerio de Industria un proxecto de instalación dunha rede inalámbrica para proporcionar o acceso a Internet de banda ancha ao municipio, fundamentalmente ás zonas rurais (Cervás, Chanteiro e Caamouco), donde en moitos casos os veciños non dispoñen deste servizo.


O custe total da actuación é de 244.000 euros e, no caso de que o Ministerio acepte subvencionalo dentro do Plan Avanza, a axuda podería chegar ata o 80% da inversión orzamentada.

Para o alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, a intervención é moi necesaria e se enmarca dentro dunha política do actual equipo de goberno dirixida a fomentar o desenvolvemento tecnolóxico a través de posta en marcha de servizos que acheguen as novas tecnoloxías a tódolos cidadáns e sectores da poboación do municipio.

No proxecto que se enviou ao Ministerio de Industria, se contempla a instalación dun sistema wi-fi consistente na colocación dunha antena principal en Montefaro que será a encargada de enviar o sinal aos diferentes puntos de acceso distribuidos ao longo do termo municipal e que, á súa vez, levarán o sinal aos usuarios.

A actuación ten un prazo de execución de seis meses, aínda que, segundo informan dende os servizos informáticos do Concello, en moitos lugares dito prazo será inferior, xa que a medida que se vaian instalando os puntos de acceso, o sinal xa estará disponible para ditos espazos. (NOTA DE PRENSA DO CONCELLO)